Día Nacional do Celíaco

Quería un bisté con patacas, pero por favor, faigame o bisté na prancha limpa y frita as patacas nunha tixola limpa con aceite sen usar previamente”. A frase pódese escoitar calquera día en calquera restaurante. Se é a vostede a quen lle fan o encargo non pense, como sería natural facer, que ten en fronte a un repugnante que pretende ensinarlle a facer o seu traballo e o dos cociñeiros da casa e pregunte, se o considera o oportuno, se o seu cliente é celíaco. Seguro que vai ser así e entón deberá extremar as precaucións se lle importa a saúde dos seus clientes.

Hoxe, 27 de maio, celébrase o Día Nacional do Celíaco. O caso de quen pide bisté e patacas fritas en tixola limpa e aceite sen usar non é invento nin esaxeración miña. É o exemplo do que ten que facer un celíaco que puxo o pasado domingo en Arroz con Chícharos (Cadena SER Galicia), a presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia, Maite García.

A celiaquía é unha intolerancia permanente ao glute, proteína presente no trigo, o centeo, a cebada, o triticale, a espelta e a avea. E non ten cura.

Os celíacos galegos acaban de asinar un acordo cos representantes dos hostaleiros de Compostela para achegarlles información sobre a súa enfermidade, que seguramente será a mellor maneira de concienciar sobre a mesma. Outra forma é visitar a web da asociación, onde se pode atopar información sobre a enfermidade e os seus síntomas, e un receitario de cociña destinado a quen a padece.

One thought on “Día Nacional do Celíaco

  • 27 de Maio de 2008 at 10:59 10Tue, 27 May 2008 10:59:23 +000023.
    Permalink

    Despois de escoitar a entrevista a Santi Santamaria na Cadena Ser, creo que a cousa ten mási enjundia da que nun principio podría parecer.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *