Migas de sémola

Houbo un tempo en que debaixo do meu traballo había un restaurante onde unha día á semana poñían migas con ovos fritos e, malia que as cobraban ben, con frecuencia nos deixábamos caer por alí para degustar esa pobre, pero deliciosa, comida de pastor. O sitio quédame agora a centos de quilómetros, así que cando teño antollo merco migas Floristán, que son as que atopo por aquí e que serven para matar a engolemia.

Así que o outro día me sorprendín cando, buscando fariña para fritir peixe, atopei uns paquetiños de sémola de trigo especial para facer as migas. Naturalmente, comprei un, xa que as instrucións eran do máis sinxelas. Nada sabía eu entón das migas de sémola da Alpuxarra, esa zona de montaña repoboada con galegos despois da Reconquista, de maneira que unha boa parte dos seus habitantes teñen os ollos, o pelo e a pel clara e viven en pobos de nomes tan galegos como Ferreira. Agora sei que estas migas de sémola non son un invento moderno e que proceden desa parte de Granada.

O paquete di que hai que fritir allos en aceite, engadir auga e, cando comece a ferver, agregar a sémola aos poucos e sen deixar de remexer. Probablemente porque se trataba dunha proba con pouca cantidade do todo o resultado non foi moi bo, así que cambiei o método.

Fritín uns anacos de chourizo, que retirei da tixola e reservei, e despois fritín o allo moi picadiño, agregando entón tanta auga como sémola ía poñer. E mentres quecía a auga, amasei a sémola nunha cunca cun pouco máis de auga, de maneira que cando a botei na tixola xa formaba pequenas boliñas no canto de ser unha fariña. Despois salguei, engadín un chisco de pemento doce, remexín o tempo preciso e finalmente volvín a poñer o chourizo.

Soubéronme ben.

2 thoughts on “Migas de sémola

  • 20 de Maio de 2008 at 17:08 05Tue, 20 May 2008 17:08:29 +000029.
    Permalink

    Miguel, gracias por pasarte por mi blog y sobre todo por dejarme tú comentario, que sinceramente me hizo mucha ilusión.
    Yo no probé nunca éstas migas pero tienen una pinta estupenda.
    Un saludo

    Reply
  • 20 de Maio de 2008 at 18:03 06Tue, 20 May 2008 18:03:23 +000023.
    Permalink

    Gracias a ti por esa receta tan interesante. Respecto a las migas, la sémola la compré en Mercadona. Se las recomiendo a quien le gusten las migas porque salen muy bien y se hacen muy rápido.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *