Se vende…

As estradas do país sempre foron un bo escaparate para a venda de calquera tipo de produto, inda que ás veces a publicidade era tan sinxela que non todo o mundo podía entender a mensaxe.

En 1976 marchei a Madrid a estudar xornalismo e lembre como por Castela adiante en cada pena ou muro pegado á estrada se podía ler un rótulo entón misterioso para min: “Lea Tría”. Un día quixen ler Tría e non fun quen de atopala por ningures. Pasado os anos fun director desta revista agraria, sucedendo no cargo ao seu fundador e primeiro propietario, Leandro de la Vega, que me contou como un verán andou media España cun troquel e un bote de pintura estampando aqueles rótulos nos lugares máis insospeitados. Tamén contou das moitas multas que tivo que pagar pola súa acción.

Ademais do anuncio de Tría, chamaba a atención a tódolos viaxeiros da estrada N-6 un enorme rótulo de Cynar que ocupaba toda a falda dun outeiro rematado coas ruínas dun vello castelo.

Despois chegou aquela explosión de enormes carteis publicitarios, que acabaron sendo prohibidos quedando unicamente os touros de Osborne, iso si, sen marcas comerciais.

Os carteis manuscritos, dos que amoso un fotografado esta mesma semana en Herbón (Padrón, A Coruña), nunca desapareceron. Quedan tamén os rastros daquel anuncio de Fontenova que ocupaba o lateral dunha vella casa na estrada Padrón-Santiago, ou o das cervexas El León, fotografado hai uns días preto de Chantada (Lugo).

2 thoughts on “Se vende…

  • 02 de Xaneiro de 2011 at 13:59 01Sun, 02 Jan 2011 13:59:08 +000008.
    Permalink

    Llevo desde pequeño intentando saber qué era eso de “Lea Tría” que encontraba pintado en muchas carreteras de Asturias; yo pensaba que era algún rollo político y mira por dónde… Muchas gracias!

    Reply
  • 08 de Xuño de 2017 at 22:04 10Thu, 08 Jun 2017 22:04:52 +000052.
    Permalink

    Sí, yo también he estado media vida pensando qué sería aquello de Lea Tria, mira por dónde casi cien años después jajaja y casi otros tantos desde que lo escribieras tú, PUM! era una revista -esa la hubiera acertado- agraria jajaja obviamente. Te dejo otras dos que seguro que te suenan, caramelos Paco y Zalesky moda joven, alertas

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *