“Migas de broa con grelos e feijão frade”

Atopo nun blog portugués a receita das “migas de broa con grelos e feijão frade”, un prato da cociña pobre e campesiña, na que pan, grelos e legume se combinan de forma moi sinxela pero atractiva. Haberá que probar unha mestura tan próxima a nos (boroa, grelos) e ao tempo tan diferente do uso que en Galicia damos a ambos produtos.

Tradicionalmente en Galicia a boroa se emprega, como calquera outro pan, para acompañar o compango, inda que hai tempo me referiron un costume da zona de Fisterra consistente en fritir na tixola rebandas de pan e comelas despois cubertas de azucre. Asegúranme que é unha larpeirada deliciosa pero aínda non a probei.

As migas de pan de boroa están collendo carta de natureza en moitos pratos dos novos cociñeiros creativos galegos, o que sen dúbida enriquece o uso dun pan tan noso como o de millo.

E os grelos seguen ancorados no caldo e no lacón con grelos. As últimas innovacións realizadas con eles, como a pescada ou o bacallau con grelos, son xa vellos.

Finalmente no prato portugués está o feixón frade, carillas en castelán, que en Galicia se consome dende hai poucos anos, o que proba unha vez máis o distantes que vivimos por moito tempo galegos e portugueses.

Resulta que esta legume (Vigna unguiculata) suponse orixinaria de África, da África negra coa que Portugal tivo tanta relación e tan pouca nos.

¿Alguén coñece o nome galego deste legume?. Eu non, e sorpréndeme que pola contra en Portugal, reciba ata máis de 30 nomes distintos, algúns claramente de orixe africana.

3 thoughts on ““Migas de broa con grelos e feijão frade”

  • 08 de Setembro de 2008 at 13:37 01Mon, 08 Sep 2008 13:37:07 +000007.
    Permalink

    Hola. Te descubrí de casualidad. Me llama la atención lo que dices de que en la zona de Fisterra se fríe la broa y se le echa azúcar porque yo soy de allí y en mi vida lo había escuchado. Por allí lo acompañamos con el caldo galego, con las sardinas y casi con cualquier comida porque está bueníiisima. ;D Tambien lo troceamos y lo echamos en leche. Aunque más tradicional aún es comerlo con papas, que consisten en deshacer harina de maíz en leche caliente, a mí no me gustan pero en mi familia les encantan. Bicos.

    Reply
  • 08 de Setembro de 2008 at 15:07 03Mon, 08 Sep 2008 15:07:34 +000034.
    Permalink

    Pues ya me dejas con la duda. La costumbre de freír la borona me la contó un amigo hace algún tiempo. Así que lo llamaré para que me lo confirme o me saque de mi error. Y lo que me diga aquí lo diré.

    Reply
  • 07 de Setembro de 2013 at 20:35 08Sat, 07 Sep 2013 20:35:52 +000052.
    Permalink

    Tengo 83 años y recuero ya de niño comer estas alubias, las cuales se sembraban des pues de segar el centeno en el mes de julio

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *