DaVeiga amplía a súa oferta de galletas mariñeiras

Galletas marineras ecológicasDaVeiga, a firma chantadina fabricante das Galletas Mariñeiras que tan de moda se puxeron hai uns meses en Galicia, segue a traballar con paso firme no desenvolvemento do seu proxecto, no que se mestura o produto novedoso (por moitos séculos de idade que teña) e o desexo de ofrecer a mellor calidade coa economía social, que se traduce non so na forma xurídica da empresa senón tamén no intento de traballar preferentemente con produtos galegos ou comercializados por empresas galegas.

Ás galletas mariñeiras orixinais incorporáronse nos últimos tempos dúas novas variedades e proximamente haberá outra máis. Na actualidade xa se poden atopar no mercado tres tipos de galletas mariñeiras:

  • As tradicionais, elaboradas con trigo (un 30 por cento do país), manteiga, masa madre, sal e fermentos.
  • As tradicionais sen sal, que polo momento so se atopan en Carrefour e algunhas tendas escollidas, que son os que aportaron por esta modalidade.
  • As ecolóxicas. Elaboradas con trigo ecolóxico (neste caso non vai trigo do país xa que non o hai de produción ecolóxica) e nas que a manteiga se substitúe por aceite de oliva virxe extra.

A gama completarase en cuestión dun par de meses coas galletas ecolóxicas con algas. Unicamente falta dispoñer dos envases en que se van a comercializar para poñer a súa produción en marcha, despois de que o acordo que DaVeiga tiña con Porto Muíños se rachase.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *