Fumes intolerables

San SimonAproveitando o tempo entre partido e partido (isto de ser pai de futbolista é moi sacrificado) achegueime ao Mercadona de Bertamiráns por comprar algunhas cousas que me gustan deste supermercado: o entrecot cortado en filetes finos, os pinchos morunos (igualiños que os dos bares de Madrid), a ensalada de brotes tenros (cuarta gama), o pan de molde multicereais, algúns friames coma o polo recheo… lembrei que recentemente lin un post sobre un queixo tipo cheddar que prometía interesante, como efectivamente puiden comprobar.

Pero buscando o cheddar atopei co que se ve na foto (feita co móbil e por iso de regular calidade). O queixo de San Simón, malia levar ben visible a etiqueta da súa denominación de orixe, aparece etiquetado como “tetilla ahumada”. Non é un erro na tabliña do andel, xa que cada un dos queixos da D.O. San Simón da Costa que alí estaban levaban pegada unha etiqueta co prezo individual e a mesma indicación de “tetilla ahumada”.

Paréceme intolerable que a estas alturas do partido se xogue con estas cousas. Os responsables da sección, da tenda e da cadea merecen un bo afumado, aparte dunha volta á escola a ver se aprenden a ler.

One thought on “Fumes intolerables

  • 24 de Xullo de 2009 at 11:53 11Fri, 24 Jul 2009 11:53:01 +000001.
    Permalink

    mandame un correo a mi direccion,,,,sobre el asunto del queso..

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *