Tomates asados, queixo San Simón e galletas mariñeiras

Tomate, queso San Simon y galleta marineraMirei na neveira uns tomates da variedade “Kumato” e apeteceume comelos asados, así que os cortei en rodas e púxenos na grella cun chisco de sal. Como tamén tiña un pouco de queixo de San Simón moi tenro que acababa de mercar, cando lle din a volta ás rodas de tomate aproveitei para poñerlles derriba un anaquiño deste queixo para que se fundira mentres remataban de cociñarse os tomates.

Como remate puxen cada roda de tomate, co seu queixo, derriba dunha galleta mariñeira, engadín unhas gotas de aceite de oliva virxe extra e pementa variada (negra, branca, verde e rosa) acabada de moer.

Unha estupenda combinación a dos tomates co sabor afumado do San Simón.

One thought on “Tomates asados, queixo San Simón e galletas mariñeiras

  • 06 de Xullo de 2010 at 12:21 12Tue, 06 Jul 2010 12:21:00 +000000.
    Permalink

    Paté de mexilón sobre Mariñeiras:

    Unha lata de mexilóns en escabeche de primeira calidade, có mollo, sacándolle as barbas o cravo e os grans de pementa
    Unha lata de bonito natural escurrido
    Seis paucinhos de cangrexo
    Catro queixinhos en porcións
    Unha cullerada de queixo mascarpone
    Si se prefire un pouco máis mol, pódese engadir unha cullerada de maionesa

    Mesturar todo coa batidora ata que quede totalmente uniforme. Para conservar varios días,envolver en film transparente logo en papel de aluminio e meter no frigorífico.
    Servir en cazoliñas de barro acompañadas de Pan sen mmiolo Mariñeiras

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *