Cociñeiros galegos ¡unídevos!

A cousa da cociña en Galicia comeza a complicarse para os homes. Despois do trunfo de Beatriz Sotelo en Barcelona (Cociñeira do ano), da gran actuación de Inés Abril en Madrid (premio á mellor presentación), agora leo que Laura Nieto, unha galega afincada en Tenerife ven de gañar o Campionato de Cociñeiros de Canarias cun sesudo prato: cabrito recheo dos seus propios pensamentos.

Así que cociñeiros galegos ¡unídevos! (Xuntos conseguiredes mellor prezo para as saias escocesas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *