Eduardo Pardo, mellor maitre do ano

Eduardo PardoEduardo Pardo, maitre e propietario de Casa Pardo (A Coruña) recibiu no marco do Salón de Gourmets o premio que o acredita como mellor maitre do ano. Na fotografía amósanos a placa que lle entregaron con tal motivo. Na entrega de premios Eduardo estivo acompañado da súa muller, a cociñeira Ana Gago.

Quen tamén estivo no Salón foi o recentemente “estrelado” Yayo Daporta, que acompañaba a seu pai para participar no I Concurso de Abridores de Ostras, que finalmente gañou José Manuel Vicente, do restaurante El Puerto de Pozuelo, de Madrid.

Previamente fixo unha demostración o seis veces campión do mundo de abridores de ostras, Bernard Goutier, que ten o record de velocidade e limpeza abrindo unha caixa de 50 ostras en dous minutos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *