Xornadas de carnes roxas na Coruña

carpaccioOnte comezaron na Coruña as Xornadas Gastronómicas “Carnes roxas de Galicia”, nas que participan 13 restaurantes da cidade e que se prolongarán ata o próximo día 27. As xornadas son iniciativa da empresa GalCarnes, que dende Monforte de Lemos subministra carne de vacún maior a medio mundo, chegando a sacrificar 1.600 vacas por mes.

Sempre vacas, e ás veces algún boi, criados en Galicia en explotacións de todo tipo. GalCarnes merca as vacas a os seus criadores e despois mantenas na súa propia finca o tempo preciso para que vaian ao matadoiro nas mellores condicións.

Na presentación estiveron presentes algúns dos cociñeiros participantes nas xornadas, que presentaron seis pratos estupendos: meloso de boi (Restaurante Carbonada), carpaccio de boi con labras de San Simón (Pablo Gallego), chuletón, entrecot e solombo (Gaucho Díaz), solombo de boi e salsa moriles (Restaurante Millenium), carriladas estufadas con piñóns (restaurante Finisterrae) e solombo con puré de froitos secos e alioli de laranxa (Cienfuegos Lunch Bar e Vinoteca Cienfuegos). Un Regina Expresión (Ribeira Sacra) e Portia (Ribera del Duero) acompañaron a degustación.

Ademais dos restaurantes sinalados participan nas xornadas a parrillada San Isidro (Bergondo), El Roble, El Manjar, Parrillada Vilanova (San Pedro de Nos, Oleiros), La Masía e Casa Seve.

O próximo domingo, en Arroz con Chícharos (Cadena Ser), falaremos sobre estas xornadas e as carnes roxas con Alberto Rodríguez, administrador de GalCarnes, e co cociñeiro coruñés Pablo Gallego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *