Inés Abril, premio á mellor presentación no Campionato de cociñeiros

Finalmente non puido ser o doblete de cociñeiras galegas gañadoras, pero Inés Abril non volverá do Campionato de Xóvenes Cociñeiros coas mans baleiras xa que recibiu o premio á mellor presentación.

O gañador foi o representante de Madrid, Ángel Palacios Fernández, que dende o comezo soou como favorito inda que onte pola tarde algúns membros do xurado o consideraban case descartado.

En segundo lugar clasificouse o representante de Andalucía, Juan Andrés Rodríguez, e terceiro o de Asturias, David Menéndez.

Inés Abril estivo acompañada na final por Ana María Cabaleiro como axudante.

2 thoughts on “Inés Abril, premio á mellor presentación no Campionato de cociñeiros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *