As algas galegas en “La Mirada Crítica” (Telecinco)

Antonio Muíños, o gurú galego das algas como o definiu algún cociñeiro, non para na promoción dese tesouro dos nosos mares que durante séculos ignoramos por completo.

Esta semana falaba con el por teléfono e comentábame que estaba en Zaragoza. “A Opel presenta un modelo de coche novo e nos estamos aquí coas algas galegas”, dicía. Todo un éxito que unha marca desa envergadura amose interese en que os asistentes á presentación do novo coche proben as algas galegas.

Despois marchaba para Madrid e na semana que ven tócalle Lisboa, pasando entretanto por Galicia, que aquí ten Muíños fogar a negocio. E polo medio o paso polo programa de Telecinco La Mirada Crítica, onde estará o próximo luns (7 de abril) ás nove da mañá.

Antonio agradece o apoio dos cociñeiros ao seu proxecto e queixase do escaso apoio que recibe da administración autonómica, mentres segue adiante co seu proxecto de montar un aula de cociña en Cambre, onde radica a súa empresa: “So estou pendente da licenza de obras”, dixo. Pois xa sabe, señor Alcalde, axilice o papeleo que Muíños está que non para.

3 thoughts on “As algas galegas en “La Mirada Crítica” (Telecinco)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *