Polo á “lixivia”

A FDA (Food and Drugs Administratión) norteamericana é posta moitas veces como exemplo a seguir no control do que comemos, a súa composición e seguridade sanitaria e nutricional. Pero de cando en vez chegan novas sobre a produción de alimentos en Estados Unidos que a min me levan a pensar que a FDA é ao control alimentario o mesmo que Mortadelo e Filemón á CIA.

Hoxe leo en Consumaseguridad, portal do grupo Eroski, que os produtores europeos de carne de ave piden á Unión Europea que non levante a prohibición de importación de carne de ave norteamericana, xa que se trata con cloro para eliminar a contaminación por salmonella. Semella que non importa en que condicións se crían e sacrifican as aves se unha vez convertidas en carne se lles pode dar un bo baño de lixivia.

Quédame a dúbida de se a carne de ave á que fan referencia os produtores europeos se comercializa e consume dentro dos Estados Unidos ou vai destinada so á exportación.

2 thoughts on “Polo á “lixivia”

Deixa una resposta a Gourmetdeprovincias Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *