¡Así non!

¡Alucinante!. Non se pode cualificar doutra maneira a forma de presentar a información sobre a recepción do conselleiro de Innovación e Industria a Beatriz Sotelo, recente gañadora do concurso “Cocinero del Año” e ao seu axudante Braulio García. Todo se montou co obxectivo de dar lustre á Escola Superior de Hostalería de Galicia, na que estudou Braulio e na que actualmente é profesor. Naturalmente, a Escola depende da Consellería.

Así que se convoca aos medios a unha recepción do conselleiro a Braulio García (Beatriz nin se cita) e na nota de prensa posterior so hai datos biográficos de Braulio, con especial fincapé na súa vinculación coa escola.

A cousa ven de lonxe, que nos días posteriores ao concurso lanzáronse informacións similares ás desta semana, que eu so vin en Galicia Gastronómica. Igual o fracaso daquela iniciativa levou a organizar a movida desta semana.

Tanto ensarillaron desta volta o asunto que conseguiron que Xornal.com ou La Voz de Galicia (despois do Parga) publicaran curiosas informacións. E ata conseguiron que La Voz entrevistara ao axudante no canto de facer a entrevista á gañadora (miren a edición en papel, que na dixital non funciona o enlace).

Todo o maior gloria da Escola Superior de Hostalería de Galicia, que ten méritos propios abondo para non ter que aproveitarse dos alleos.

Por se a alguén lle queda dúbida: a gañadora do concurso “Cocinero del Año”, na edición de 2008 é Beatriz Sotelo.

Braulio García foi o axudante de Beatriz na final, pero non cociñou. Limitouse a limpar o peixe e labores similares. E fíxoo a título persoal e sen representar á ESHG, que nesta festa non conta para nada.

Galicia enteira debe estar satisfeita do éxito de Beatriz, pero se todo o mundo actúa da mesma maneira acabará reivindicando o premio o responsable do porto de Celeiro, de onde saíu a pescada que gañou o concurso e, polo tanto, tan emparentado co éxito como a Escola de Hostalería. Ou máis.

6 thoughts on “¡Así non!

  • 28 de Marzo de 2008 at 20:44 08Fri, 28 Mar 2008 20:44:50 +000050.
    Permalink

    Coincido totalmente. O CSHG ten méritos abondo para que non se teña que facer algo así: foi moi, moi feo e non deixa en bo lugar ás nosas institucións públicas.

    Reply
  • 28 de Marzo de 2008 at 21:34 09Fri, 28 Mar 2008 21:34:07 +000007.
    Permalink

    Estou de acordo con vos, esto parece que o fan para xustificar a escasez de bos mestres e a inversión mal planificada no eido das escolas de cociña en Galicia.

    Miguel, disculpa que plantexe aquí esta cuestión, ¿pero alguen sabe por que ten a Consellería tanto interés no CSHG e deixa moi esquecida e ata desprecia á outra escola de cociña de Lamas de Abade en Santiago? No CSHG a Xunta invirteu moitos millóns, pero só na de Lamas de Abade o ensino é totalmente gratuito sendo a única que pode expedir títulos de Formación Profesional válidos a nivel nacional ou europeo. Doutra banda, sabemos que algúns membros da hostelería galega tradicional invertiron diñeiro no CSHG. Entón, ¿enseñanza clasista + información interesada?

    Reply
  • 28 de Marzo de 2008 at 22:35 10Fri, 28 Mar 2008 22:35:42 +000042.
    Permalink

    Filloeiro, esta seina. O CSHG depende de Innovación e Industria e Lamas de Abade, o mesmo que o resto de escolas públicas, depende de Educación que, polo que se ve, pasa moito da formación profesional, polo menos no campo da hostelería. Vese que cada consellería ten intereses diferentes, e no é so cousa do goberno actual.

    Reply
  • 07 de Maio de 2008 at 11:28 11Wed, 07 May 2008 11:28:26 +000026.
    Permalink

    Gracias por este artículo, el CSHG es un producto de marketing e imagen y se comporta como tal, lo grave es, como bien decís que organismos públicos entren a vender también sus virtudes……..
    huele mal, muy mal.

    Un saludo.

    Reply
  • 27 de Maio de 2008 at 01:13 01Tue, 27 May 2008 01:13:35 +000035.
    Permalink

    FAST LESSON
    Na procura do restroballo dun pasado cheguei a esta cova. Só dicir que nos meus tempos fun un afortunado por darme meus pais a posibilidade de estudar na escola de hostelería de Lamas de abade. Un centro onde primaba tanto a formación da persona como a do profesional. Alí chegábamos rapaces de toda a Galiza, a grande maioria da Galiza rural, nenos que aniñaban xa nos seus ollos os anceios por emigrar . Unha escola que nos brindaba aos fillos de emigrantes e netos de caseiros unha luz para soñar.
    Estou a falar dos anos oitenta. Da primeira promoción de segundo grado, cinco anos de estudos, o mesmos que os dunha carreira universitaria, que nos serviron a moitos para non deixar xamais de aprender.
    Moitos dos meus compañeiros son agora profesores das diferentes escolas de formación profesional de hostelería que están espalladas por Galiza, Ribadeo, Santiago, Puentedeume, Orense, Vigo…e cóntanme moitas cousas dos tristes cursiños acelerados de 2000 horas onde máis que alimentar unha esperanza se mata unha ilusión.
    Por todo isto, quero dar as grazas a moita xente como Gago, Colineta, Filloeiro… pola vosa paixón.

    Reply
  • 27 de Maio de 2008 at 07:19 07Tue, 27 May 2008 07:19:24 +000024.
    Permalink

    Gracias a ti, Paco, por visitarnos

    Reply

Deixa una resposta a Miguel Vila (Colineta) Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *