Premio Bacchus sen pena nen groria

Entre o 14 e o 18 de marzo celebrouse en Madrid o “VIII Concurso Internacional de Vinos Bacchus 2008”, organizado pola Unión Española de Catadores e no que se concederon nin máis nin menos que 505 galardóns entre os 1.683 viños participantes.

Entre os galardoados hai un número interesante de viños galegos. Nunha revisión rápida da longuísima lista eu atopei os seguintes:

Bacchus de ouro: Lagar de Costa, Veigadares e Guitián fermentado en barrica.

Bacchus de prata: Albariño Pazo Condal, Martin Codax, Pazo da Bouciña, Gundián, O Casal, Valdumia Premium, Gran Novas, Bouza do Rei, Torroxal albariño, D. Pedro de Soutomaior macerado en neve carbónica, D. Pedro de Soutomaior, Burgáns, Valdamor, Granbazan Ambar, Pazo da Touza, Valmiñor, Brandal barrica, Pedro de Soutomaior Tempo, Valdamor barrica, Joaquín Rebolledo mencía, Regina Expresion XII meses, Abadía da Cova.

Seguramente haberá máis que a min se me pasaron. O que me estraña é que a tódolos adegueiros se lles pasara a oportunidade de comunicar os premios acadados, xa que nada vin publicado en ningún xornal dende o remate do concurso, hai xa unha semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *