Chulas de pan

Hai pouco lin algo sobre as típicas torrixas de Semana Santa e entroume o antollo de cociñar unhas chulas de pan (na Mariña chamámoslle simplemente “chulas”, eu engado o “de pan” para distinguilas doutras que se fan polo país adiante, como as de “calacú”, tamén coñecido como cabaza, que preparan pola zona de Pontevedra.

As chulas de pan son como as torrixas… pero de deseño. Xa veredes.

Para un total de 18 chulas eu empreguei 150 gramos de pan vello, seis ovos dos máis gordos (máis de 70 gramos cada un), cincuenta gramos de azucre e un chisco de sal (imprescindible nos doces). Ademais un litro de leite, un pau de canela e outros 100 gramos de azucre.

Comezamos picando o pan. Eu emprego a picadora, pero pódese facer tamén a coitelo. Trátase de obter un pan picado en anacos pequenos, como se ve na foto, pero non convertido en fariña.

Unha vez picado, engádense os ovos batidos como para tortilla, o azucre (50 gramos son dúas culleradas colmadas), o chisco de sal e remóvese ben ata obter unha masa como a da foto. Deixase repousar uns dez minutos para que o pan se enchoupe de ovo.

Mentres preparase unha tixola con aceite de xirasol na que imos fritir as chulas. E no outro lume poñemos unha pota co litro de leite, o pau de canela e os 100 gramos restantes de azucre (neste caso catro culleradas colmadas).

En canto o aceite está quente, vaise fritindo a masa a culleradas. Non hai que poñer culleradas moi cheas, xa que as chulas inchan no aceite. Conforme están douradas vanse incorporando á pota onde está o leite, que xa debe estar fervendo, e baixase o lume desta pota ao mínimo. Fritidas todas as chulas e incorporadas ao leite, deixasen un minuto máis ao lume e retíranse. (Hoxe funas sacando para un prato xa que quería ensinalas todas xuntas).

As chulas pódense comer quentes, mornas, do tempo e ata frías da neveira, ao gusto de cadaquén.

Como dicía ao comezo, as chulas son
como torrixas de deseño. So que neste caso o deseño é popular, xa que a receita corresponde á cociña popular e tradicional da Mariña de Lugo. Nacerían coma unha larpeirada de festa realizada co que había na casa: pan duro e ovos. Seguro que non sempre levaron azucre e posiblemente en ocasión se usara o mel para adozalas.

6 thoughts on “Chulas de pan

  • 21 de Marzo de 2008 at 11:59 11Fri, 21 Mar 2008 11:59:25 +000025.
    Permalink

    As fotos non deixar ler o texto. Apertas.

    Reply
  • 21 de Marzo de 2008 at 12:24 12Fri, 21 Mar 2008 12:24:29 +000029.
    Permalink

    O problema das fotos dase ás veces co Explorer, por iso recomendo o Firefox, que aparte de ser moito máis “listo” que o Explorer é tamén máis rápido e de uso máis sinxelo. E por derriba gratuíto. Xa está amañado tamén para Explorer.

    Reply
  • 07 de Abril de 2009 at 18:16 06Tue, 07 Apr 2009 18:16:44 +000044.
    Permalink

    Aquí en Extremadura los llamamos “repápalos” o “repápagos” para los menos instruidos.
    A este postre le cogí un poco de tirria porque mi madre lo hacía con aquella leche que nos daban las vaquitas, y que tenían 1 dedo de nata. Leche que hoy se busca como un tesoro pero que aborrecí desde bien pequeño.

    Reply
  • 29 de Abril de 2010 at 15:39 03Thu, 29 Apr 2010 15:39:05 +000005.
    Permalink

    Gracias por tu receta.Me recuerda la niñez, cuando las hacia mi madre.
    Un saludo de una viveirense en la mancha

    Reply
  • 30 de Abril de 2010 at 14:01 02Fri, 30 Apr 2010 14:01:23 +000023.
    Permalink

    nmh, en La Mancha tampoco os cuidais mal. Me encanta la cocina de esa zona.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *