Morreu o gran comedor de fanecas

Deixounos hoxe o gran comedor de fanecas, o home da porta, o que foi capaz de suplantar a toda a orquestra de Glenn Miller sen máis instrumento que a súa propia boca, o home orquestra, o vaqueiro de Marín. Morreu John Balan.

Amante que son das fanecas e dos homes orquestra non podía deixar pasar a ocasión de berrar aos catro ventos: ¡Eras o máis grande, John Balan!. Para despistados deixo aquí un enlace a Youtube.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *