Os produtos de Sandro Desii chegan a Santiago

Xa anunciei ao remate do Forum Gastronómico de Santiago que un dos expositores destacados na súa feira, Sandro Desii (xeados e pasta) atopara distribuidor en Santiago e que proximamente os seus produtos poderían adquirirse na cidade.

A cousa xa é segura, así que estou en condicións de dicir que seguramente á volta da Semana Santa os produtos de Desii estarán á venda nas dúas tendas que Almirez ten en Compostela.

Na foto, tomada da web da empresa, aparece a granita siciliana de amorodos, o mellor de cantos xeados desta marca probei no Forum (e foron moitos).

.

2 thoughts on “Os produtos de Sandro Desii chegan a Santiago

Deixa una resposta a Rosa Maria Gonzalez Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *