Cursos de historia da cultura e cata de viños

O amigo Xavier Castro, catedrático de Historia da Universidade de Santiago con espléndidos traballos publicados sobre gastronomía e alimentación, remíteme os programas dos cursos básico e de perfeccionamento de Historia da Cultura e Cata de Viños, que terán lugar nos meses de marzo e abril próximos, organizados pola Universidade de Santiago pero abertos á participación de quen estea interesado no tema, sexa universitario ou non.

Ademais da parte teórica sobre o mundo do viño, a cargo de Xavier Castro, os cursos inclúen prácticas de cata dirixidas pola enóloga Cristina Alcalá, autora de “El mundo del vino contado con sencillez” e visitas a adegas.

O curso básico terá lugar os luns e mércores de 20 a 22,30 horas entre o 3 e o 31 de marzo. O de perfeccionamento, dirixido aos alumnos que realizaron o básico o ano pasado ou o realicen este ano, será nos mesmos días e horas, do 2 ao 30 de abril. En ambos casos o custe da matrícula é de 95 euros e para os alumnos da Universidade de Santiago supón un crédito de libre configuración.

Os interesados poden poñerse en contacto coa secretaría dos cursos a través do teléfono 609 653228.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *