Cousas mal feitas

Exactamente ás 23:20 horas da noite de onte, 29 de xaneiro, soaba o meu móbil. “Estou sentado ao rente de Ferrán Adria e acábame de confirmar que estará no Forum Gastronómico de Santiago o luns 18 de febreiro”, me dixeron.

Vese que o xornalista estaba canso, ademais do ordenador apagado, así que decidín deixar a nova para hoxe. Cando me quixen dar conta, a miña primicia xa non era tal e estaba en tódolos medios galegos e xa o mesmo me daba publicala un pouco antes que despois. Naturalmente, non poido deixar pasar por alto a escasa profesionalidade que amosei onte á noite e decidín castigarme duramente, así que levo todo o día sen comer percebes.

O castigo, claro está, provocoume un estado de debilidade xeral, así que mellor deixo que sexa Manolo Gago, que está no allo do encontro de blogs do Forum, quen conte o da visita de Ferrán. E mentres vou ver se me repoño cunha cigalas.

One thought on “Cousas mal feitas

  • 31 de Xaneiro de 2008 at 12:26 12Thu, 31 Jan 2008 12:26:13 +000013.
    Permalink

    Non sei como puideches estar todo o día sen papar uns percebes! Non sexas tan duro contigo mesmo 😉

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *