Gastronomía ¿inmoral?

Unha parte importante da humanidade pasa sede e nunca viu auga limpa como a que sae a diario polas billas das nosas casas. Outra parte pasa fame, tanta fame, tan negra, que chegan a morrer de fame. Esa é a realidade deste mundo no que somos uns privilexiados e comemos e bebemos a capricho.

Pero semella que todo ten un límite. Hoxe vin un deses casos: unha botella de auga mineral de tres cuartos de litro que custa preto de 100 euros. No Club del Goumert do Corte Inglés estavos agardando.

Todo o mérito do asunto parece residir no deseño da botella e no feito de que a etiqueta está realizada con cristais swaroski, cun deseño que lembra os tangas das stripers que saen nas películas norteamericanas. Ademais de mal gusto paréceme unha inmoralidade.

(Intencionadamente non hai foto nin enlaces)

3 thoughts on “Gastronomía ¿inmoral?

  • 09 de Xaneiro de 2008 at 21:04 09Wed, 09 Jan 2008 21:04:31 +000031.
    Permalink

    E 50 euros a botella de 33 cl. A vin o pasado fin de semana.

    Qué lle vas pedir a un auga embotellada por unha empresa de Beverly Hills.

    Reply
  • 10 de Xaneiro de 2008 at 11:57 11Thu, 10 Jan 2008 11:57:56 +000056.
    Permalink

    O mesmo concepto de “gastronomía”, por non falar do de “gourmet”, é propio de sociedades opulentas que destinan parte dos seus excedentes económicos e, o que é máis grave, mentais, a satisfacer paladares “exquisitos” e “entendidos”. Dito sexa con todo respecto, ao faceres ese tipo de reflexións sobre o prezo dunha garrafa de auga e non sobre calquera dos contidos dos blogs gastronómicos (incluído o teu) non sei ata que punto estás/estades a practicar un certo tipo de hipocresía. Cousa ben diferente sería, na miña opinión, se o enfoque fóra cara conceptos exclusivamente alimentarios e/ou de calidade.

    Reply
  • 10 de Xaneiro de 2008 at 12:37 12Thu, 10 Jan 2008 12:37:16 +000016.
    Permalink

    Tes razón. Pero xa eu mesmo digo no post que “somos uns privilexiados e comemos e bebemos a capricho”. Pero creo que non é o mesmo pagar 50 euros por unha boa comida que pagar o dobre por unha botella de auga.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *