Confirmado: estrelas para Yayo Daporta e Retiro da Costiña

Pois foron minutos e xa se confirma que Galicia pasa de sete a nove estrelas Michelín na edición 2008 da guía. Conservan as súas estrelas os sete restaurantes que xa as tiñan (Casa Pardo e Playa Club na Coruña, Casa Marcelo e Toñi Vicente en Santiago, Solla en Poio, A Rexidora en Bentraces e La Taberna de Rotilio en Sanxenxo).

Únense ao club Yayo Daporta (Cambados) e Fogón Retiro da Costiña, de Santa Comba (A Coruña). Non deixa de ser unha sorpresa a rápida ascensión ao olimpo de Yayo mentres no caso do Retiro o galardón é ben merecido xa que levan décadas de traballo e melloras constantes, ata facer un restaurante cun concepto único en Europa.

Polo que respecta ao conxunto de España a cousa queda así:

Seis restaurantes continúan con súas tres estrelas, son: Akelarre, Arzak, Can Fabes, El Bulli, Martín Berasategui e Sant Pau.

Os oito que tiñan dúas conservanas (Tristán, Atrio, El Poblet, Mugaritz, El Celler de Can Roca, La Broche, Santceloni, Zuberoa, La Alquería) e únese ao grupo o Abac, de Barcelona.

E con unha estrela hai 108 restaurantes, dos que 14 son novos. Outros nove perderon a estrela que tiñan, entre eles un galego de Madrid, A Casa d’a Troya. A lista completa pódese consultar xa en Salsa de Chiles.

One thought on “Confirmado: estrelas para Yayo Daporta e Retiro da Costiña

  • 22 de Novembro de 2007 at 00:39 12Thu, 22 Nov 2007 00:39:18 +000018.
    Permalink

    Pois parece que que lle deron sorte a Yayo Daport os blogogastrónomos… Fai agora un ano celebrabamos alí a nosa primeira xantanza..

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *