50 receitas con filloas

Hoxe presentouse oficialmente en Santiago de Compostela, pero antes dito acto xa o puiden ver nos andeis dalgunhas librerías compostelás. O libro “50 recetas con filloas” publicado pola editorial Alvarellos está xa no mercado, cun bo fato de preparacións culinarias saídas das mans e os fogóns de cociñeiros profesionais e afeccionados que poden facer as deleicias dos afeccionados a este galeguísimo prato, que tanto serve para a sobremesa como acompaña a un bo cocido.

Álvaro Cunqueiro deixou dito que ningún restaurante debería levar o nome de “galego” sen pasar antes a proba da filloa: cociñalas e mantelas na súa oferta todo o ano. Na espera dese “tribunal da filloa” temos xa o libro de texto.

No libro hai 50 receitas e 1 de agasallo, xa que son en realidade 51. Todas participaron nos sucesivos concursos de filloas á pedra organizados con motivo da Festa da Filloa á Pedra que cada mes de marzo ten lugar en A Baña.

Receitas hai no libro para tódolos gustos, incluso algunhas que poden non gustar a ninguén, pero o mérito que xa ninguén lle pode quitar á obra é a de ser o primeiro monográfico sobre a filloa que se publica na historia de Galicia. ¡E iso que levamos séculos facendo filloas!.

2 thoughts on “50 receitas con filloas

  • 20 de Novembro de 2007 at 17:31 05Tue, 20 Nov 2007 17:31:05 +000005.
    Permalink

    Enoraboa, parece que Galiza vai despertando. Xa era tempo!
    A verdade e que non teño libros de filloas, pese a que as facemos a miudo, pero mercarei o libro, antes de que cante o galo.
    Tes que perdoar, meu galego.
    Non sei facelo mellor, pese a que o intento.
    Por outra banda, eu as tomo recheas cos restos do cocido, e como remate dun xantar. Están boas de verdade.
    Elena

    Reply
  • 04 de Febreiro de 2008 at 20:07 08Mon, 04 Feb 2008 20:07:02 +000002.
    Permalink

    NOTA de Colineta: elimino tres comentarios do mesmo autor polos insultos que expresan respecto do comentario de matematicas paladar y fogones. Tódolos comentarios son benvidos a Colineta. Pero os insultos e faltas de educación non teñen cabida neste blog.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *