Hoxé é Santa Minia

Hoxe, 27 de setembro, é Santa Minia, o día grande Brión, o concello onde vivo. A capela na que se conservan os ósos desta martir romana atópase no lugar de Pedrouzos, parroquia de San Fins, onde nin por asomo chegamos aos mil habitantes. Pero dende as xanelas da miña casa so se ven agora mesmo fincas e máis fincas cheas de coches ordenadamente aparcados polos membros do Grumir (protección civil). Mañá os xornais falarán de vinte mil persoas na Santa Minia. Tódolos años dan a mesma cifra, que non sei canto terá de verdade, pero hoxe isto semellan os arredores do Bernabeu nas horas previas a un partido dos grandes.

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, de seguido van máis de nove mil verbas, así que escribirei pouco.

Na Santa Minia temos de todo. Hai, como pode verse, ofrecidas dispostas a chegar ata a santa de xeonllos… previamente acolchados.

As xentes mercan exvotos de cera e velas unha cuarta máis grandes ca eles…

Para levarllos á santa

Este ano ata temos esmoleira (cando a vin pensei que estaban a rodar algunha película, pero non había cámaras e a muller pedía esmola de verdade).

Ao saír, a xente merca as roscas e os melindres, pan, queixo, froita, augardente caseiro, licor de herbas, unha gadaña… ou o último éxito de Camela…

E despois veña festa. Chunda, chunda a Charanga NBA, dalle, dalle, seis orquestras de primeira fila… e polbo, churrasco, xamón cocido, carne asada, ribeiro, barrantes, clarete do país (ese clarete do Ulla, acedo, lixeiro e moi aromático, que cando está ben feito resulta moi agradable e cando é malo… Así que na Santa Minia temos pulpeiras a pares.

E pulpeiros…

O recambio xeneracional…

E ata parellas de pulpeira-pulpeiro

Os rezagados tedes aínda a oportunidade de vir mañá, día 28. Podedes mirar o mapa aquí. Buscade o Paseo de Pedrouzos. Na parte de arriba do L escribo eu.

One thought on “Hoxé é Santa Minia

  • 18 de Outubro de 2008 at 17:15 05Sat, 18 Oct 2008 17:15:24 +000024.
    Permalink

    Hola, me gustaría adquirir unos exvotos para que me mandasen por correo. Agradecería si alguien me pudiese dar el contacto de algún artesano de exvotos en cera.
    Gracias

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *