Volven os falsos pementos de Padrón

Comezou a tempada de venda de falsificacións de pementos de Padrón. A foto foi tomada na mañá do 24 de abril no Carrefour de Bertamiráns.

Pódese ver como se venden “pementos de Padrón” a dous prezos diferentes.

Os de enriba, a granel, a 2,94 euros o quilo teñen un cartel que reza “procedencia España”, inda que nos laterais das caixas indica “Maroc”. Ë dicir, o engano é dobre. Non so os pementos non son de Padrón senón que tentan convencernos de que son españois cando son marroquís.

Os de abaixo están envasados. Véndese o envase a 1,19 euros (leve dous e pague so 2,20). O cartel di ben claro “pimientos de Padrón”, cando o envasador, almeriense, di na súa etiqueta unicamente “pimientos pequeños”.

7 thoughts on “Volven os falsos pementos de Padrón

  • Pingback: chuza.org

  • 24 de Abril de 2007 at 14:13 02Tue, 24 Apr 2007 14:13:41 +000041.
    Permalink

    Preguntan a súa opinión na miña casa…

    Reply
  • 24 de Abril de 2007 at 17:08 05Tue, 24 Apr 2007 17:08:17 +000017.
    Permalink

    E logo a SGAE non ten nada que dicir sobre esta piratería?

    Reply
  • 25 de Abril de 2007 at 10:15 10Wed, 25 Apr 2007 10:15:31 +000031.
    Permalink

    Isto no só pasa cos pementos de Padrón, pasa cas patacas, cas cebolas, etc. incluso venden polbo nos supermercados que ven de Marrocos e dín que é Galego……

    Mexan por nos, e dín que chove…..

    Reply
  • 26 de Abril de 2007 at 20:03 08Thu, 26 Apr 2007 20:03:12 +000012.
    Permalink

    Eu hoxe os vin valencianos no Mercadona que hai xusto á outra beira da estrada. E si, tamén anunciados como “Pimientos de Padrón”

    Reply
  • 05 de Novembro de 2007 at 11:48 11Mon, 05 Nov 2007 11:48:17 +000017.
    Permalink

    Ollo, creo que incluso a denominación “pimientos de Padrón” a ten en propiedade un murciano.

    Reply
  • 05 de Novembro de 2007 at 15:03 03Mon, 05 Nov 2007 15:03:08 +000008.
    Permalink

    A variedade “Padrón” está inscrita no rexistro de variedades do Ministerio de Agricultura por unha empresa non galega, que efectivamente pode ser murciana ou levantina. De feito, estase a tramitar a denominación que se está a tramitar será “Pemento de Herbón”.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *