Sopa de cebola con galletas mariñeiras

Makeijan publica unha escolma de receitas con galletas mariñeiras e lembrou que tiña esta foto sen publicar.

Trátase, como di o título, dunha sopa de cebola na que substituín o pan torrado por unha galleta mariñeira derriba da que puxen o queixo para despois gratinalo. O resultado gustoulle a toda a familia, inda que para o meu gusto a galleta estaba demasiado enteira cando o que eu buscaba era que se empapara no caldo.

A preparación da sopa é moi sinxela: abondo cebola picada que se doura nunha mestura de manteiga de vaca (o toque francés) e aceite de oliva ata que colle unha cor moi subida, pero sen que chegue a queimarse. De seguido engádese un caldo que xa teremos preparado, salpementase e deixase cocer para rematar finalmente triturar co batedor. Tamén se pode suprimir o triturado, deixando a cebola en anacos. Para rematar póñense as galletas mariñeiras, cóbrense de abundante queixo e gratínase para que se funda. Inicialmente pensaba poñer queixo do Cebreiro, que me gusta moito cómo funde, pero como non tiña naquel momento empreguei un enmental relado.

¡Ollo, que queima!

2 thoughts on “Sopa de cebola con galletas mariñeiras

  • 09 de Abril de 2007 at 15:37 03Mon, 09 Apr 2007 15:37:04 +000004.
    Permalink

    Actualizada a escolma… 😉

    Reply
  • 27 de Xuño de 2007 at 14:52 02Wed, 27 Jun 2007 14:52:53 +000053.
    Permalink

    en que idioma esta escrita la receta??? Mil gracias.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *