Supersandwich

Por motivos alleos á miña vontade vinme hoxe obrigado a comer, con presa e a deshoras, na cafetería dun centro hospitalario. Pedín un sandwich vexetal, que se me antollou naquel momento e hai tempo que non comía.

Menuda sorpresa. Vaia sandwich vexetal. Que animal…

O tal bocadillo levaba, entre dúas toradas de pan de molde, dúas capas de queixo, unha dobre de xamón cocido, atún e ovo tamén cocido… ademáis leituga, tomate en rodas, cebola, espárragos e maionesa. Certamente, unha comida “frugal”.

Por 2,20 euros calquera pode dar conta de dito sandwich, que na porta do sanatorio non preguntan a onde vai un. Foi na cafetería do Policlínico La Rosaleda, en Santiago. Non hai foto porque non había cámara no momento oportuno. Prometo levala a próxima vez que se me antolle o sandwich vexetal-animal.

2 thoughts on “Supersandwich

  • 23 de Xaneiro de 2007 at 17:05 05Tue, 23 Jan 2007 17:05:32 +000032.
    Permalink

    normalmente nesses sitios soe haber gemte com muita fame, son precavidos/as!!…

    Reply
  • 24 de Xaneiro de 2007 at 15:08 03Wed, 24 Jan 2007 15:08:43 +000043.
    Permalink

    Ten boa pinta, pero sempre me sorprendo ó descubrir a parte vexetal do queixo, xamón cocido, atún e ovo cocido.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *