Máis café con moitas máis tapas

Tiñan razón Orsinia e todos cantos no post anterior me recomendaron o “café con tapa” do Marte (Praza Rodrigo del Padrón, Santiago de Compostela).

Nas foto está o café (moi bo) co se anaco de cruasán, mini montado de chourizo e anaquiño de tortilla. Todo por un euro.

A tortilla estaba rabiosamente salgada, pero cun sabor, textura e punto de cocción case perfectos. O escexo de sal perdoabaselle como se lle perdoa a unha anchoa.

Contanme tamén que o “Senra” do posta anterior e o “Marte” son do mesmo propietario. E nótase.

Vista a caousa, vai haber que suxerirlle a Moraiminha que abra una sección de cafés no seu De Pinchos. Ánimo muller.

3 thoughts on “Máis café con moitas máis tapas

  • 11 de Xaneiro de 2007 at 15:29 03Thu, 11 Jan 2007 15:29:20 +000020.
    Permalink

    Con café non, que aínda non me coincidiu que me puxeran pincho salgado en ningún sitio; pero con algún que outro gin tonic penso que xa hai empanada, ou pan con xamón, por exemplo. Todo é cuestión de tempo…

    Reply
  • 24 de Xaneiro de 2007 at 18:19 06Wed, 24 Jan 2007 18:19:43 +000043.
    Permalink

    Cant@s blogueir@s e xornalistas nos enfrontamos ao ordenador todas as mañás grazas a esa tortilla e eses cafés… Incluso cando vés correndo dunha rolda de prensa e pides café para levar, danche o picho agarimosamente envolto en papel albal. Que rematen as obras e volva abrir, por favor!

    Reply
  • Pingback:Escolma de receitas con galletas mariñeiras ás Another Cow In The Corn

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *