Alá van dous anos

Tal día coma hoxe, 7 de xaneiro, pero de hai dous anos (2005) nacía ao mundo Colineta.

Naquel día escribía sobre os grelos e hoxe estou escribindo sobre grelos e nabizas, unha reportaxe de encargo para a revista Origen, na que vou colaborar dende agora. Casualidades da vida.

De dous anos de traballo quedan 476 entradas, cunha media de una entrada cada día e medio, o que supón cumprir estatísiticamente o meu propósito de escribir cada dous días, inda que na realidade hai épocas en que os post están máis distanciados e, polo tanto, outras nas que se agrupan. Tamén están os 191 comentarios vosos que enriquecen enormemente o meu traballo.

A todos, GRACIAS.

5 thoughts on “Alá van dous anos

  • 07 de Xaneiro de 2007 at 22:08 10Sun, 07 Jan 2007 22:08:47 +000047.
    Permalink

    Pois noraboa e que sigas así de fecundo e ameno. Alédome.

    Reply
  • 07 de Xaneiro de 2007 at 22:30 10Sun, 07 Jan 2007 22:30:21 +000021.
    Permalink

    Feliz aniversario, e a seguir falando de grelos, ou do que cadre.

    Reply
  • 08 de Xaneiro de 2007 at 09:18 09Mon, 08 Jan 2007 09:18:36 +000036.
    Permalink

    Parabéns e a continuar.

    Reply
  • 09 de Xaneiro de 2007 at 12:29 12Tue, 09 Jan 2007 12:29:17 +000017.
    Permalink

    Noraboa. Quen me dera chegar alá…

    Reply
  • 09 de Xaneiro de 2007 at 15:20 03Tue, 09 Jan 2007 15:20:10 +000010.
    Permalink

    Chegarás, chegarás, todo e cuestión de tempo. E polo momento este so se move cara adiante…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *