Mellor libro galego de 2006 nos premios Gourmand

“A Cociña do Entroido e San Xoán” foi considerado mellor libro galego do ano 2006 nos premios Gourmand World Cookbook no apartado “Best Entertaining Cookbook” (algo así como mellor libro de entretemento).

Os premios Gourmand son considerados os “oscar” da literatura culinaria e dan acceso á gran final mundial, que terá lugar en Beijing (China) a comezos de abirl de 2007.

Outro libro galego “45 recetas con ortigas” tamén foi considerado o mellor de España no apartado de monografías culinarias.

A concesión do premio foi para min unha gran sorpresa, xa que me esquecera de presentalo ao concurso. Afortunadamente a xente de Xerais foron máis dilixentes e presentarono a tempo. Gracias pois.

NOTA: o premio non ten dotación económica, así que o convite da celebración será meramente virtual.

6 thoughts on “Mellor libro galego de 2006 nos premios Gourmand

  • 20 de Decembro de 2006 at 21:57 09Wed, 20 Dec 2006 21:57:27 +000027.
    Permalink

    Noraboa, ¿qué mellor se pode decir nestes casos? Por se vai a Beijing a recoller o premio na final, vai a ser mellor que vaias estudando algo do idioma, que o ni hao non da para moito…

    Reply
  • 20 de Decembro de 2006 at 23:47 11Wed, 20 Dec 2006 23:47:38 +000038.
    Permalink

    que… parabéns! Agora, a conquistar Pekín! 🙂

    Reply
  • 21 de Decembro de 2006 at 16:50 04Thu, 21 Dec 2006 16:50:54 +000054.
    Permalink

    Noraboa.
    Se finalmente foras aló (recómendocho), falamos que nos fomos este ano e paga a pena.

    Reply
  • 21 de Decembro de 2006 at 17:00 05Thu, 21 Dec 2006 17:00:16 +000016.
    Permalink

    Noraboa unha vez mais. Unha aperta.

    Reply
  • 23 de Decembro de 2006 at 23:16 11Sat, 23 Dec 2006 23:16:30 +000030.
    Permalink

    Noraboa e boas festas.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *