Galletas con ovos

Fritidos os ovos, caÃn en que tiña unhas galletas mariñeiras, asà que cada ovo acabou derriba dunha delas, cun chisco de pemento picante por derriba, unha xema de espárrago e unha alcaparra.
Gustoume o resultado, que ten tres sabores moi diferentes. No primeiro bocado apreciase o contraste entre o renxente da galleta e a cremosidade do ovo frito, coa graza do pemento, que nos fai lembrar uns ovos fritos con chourizo. No segundo bocado incorporase a xema de espárrago, co seu sabor mineral. No terceiro e último bocado a alcaparra fai saltar chispas na boca, coa súa acidez acética.
O dito, isto leva camiño de convertirse no “Recetario Blogogastronómico da Galleta Mariñeira”. Moi boa pinta.
Gourmet, se fose pan quitámasvo da boca, x-ddd. Vai ser mellor que os das galletas tamén nos fagan algo de publicidade a nós, debemos ser os seus maiores fans. Un dÃa vou a ter que poñer eu a miña foto das galletas coa nocilla, receta moito máis sinxela de facer que todas as vosas.
Ahuuuuum! Que boa pinta!!!
Como responsable do inicio do primeiro concurso pinchos sobre galletas mariñeiras, vexo que vou ter que presentar unha nova proposta. 😉
Por certo, quedouche moi bonitiña, xa non quero pensar no sabor.
Com digo, Makeijan, o pincho ten tres sabores distintos. E dado o seu tamaño hai que comelo en varios bocados.
vaia idea acabas de darme para uns petiscos que teño que preparar nuns dÃas!
Pingback:Blog Daveiga » Galletas con ovos