A mellor monografía culinaria do ano é galega

“45 recetas con ortigas” do chef e profesor de hostalería ourensán Martín Vázquez acaba de gañar o premio Gourmand 2006 á mellor monografía publicada en castelán. Os Goourmand son coma os “oscar” dos libros culinarios.

Como gañador español, o libro competirá polo título de mellor monografía do mundo na gran final, que terá lugar en Beijing (China) en abril do próximo ano.

Persoalmente éncheme de satisfación o premio, xa que meu é o primeiro limiar do libro, que o ano próximo se publicará en francés.

Parabéns a Martín Álvarez, “o home das estrugas”, único artífice de que as ortigas comecen a deixar de ser unha mala herba para converterse nunha verdura con múltiples usos.

Os interesados poden aotpar o libro nas principais librerías galegas, e tamén se pode adquirir a través da web de Alvarellos.

One thought on “A mellor monografía culinaria do ano é galega

  • 14 de Decembro de 2006 at 13:14 01Thu, 14 Dec 2006 13:14:12 +000012.
    Permalink

    Ten boa pinta… eu só as probei unha vez nunha Feira Franca hai 3 ou 4 anos na que había un posto de empanadas de Noia. Coido que eran Estrugas con Salmón afumado. Toda unha sorpresa.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *