A cociña, o arte máis popular

Sen dúbida, Ferrán Adriá é xa o cociñeiro máis mediático de tódolos tempos, con permiso de Leonardo da Vinci, que viviu nunha época en que non había nin xornais, nin televisión nin globalización, co que unha boa parte da súa revolucionaria obra, entre a que está a gastronómica, é descoñecida.

Cando fala Adriá é como se o fixera o roáculo de Delfos redivivo. E todos imos detrás a reporudicr as súas palabras. O último que dixo e se lle entendeu é que “La cocina es el arte donde más participa la gente“. A afirmación forma parte das declaracións realizadas a El Periódico.

Razón non lle falta. Como escribín no programa do I Concurso de Tapas Ribadeo de Tapeo, aló polo mes de marzo pasado, “Non se decatan de que milleiros de galegos xamais na súa vida leron un libro, nin foron ao teatro, nin puxeron os pes nun museo… nin pensan facelo. Non se decatan de que ningún galego, incluídos os popes da cultura dominante, renunciar a comer tres veces ao día.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *