“Piparras” de Padrón

Quedou claro en post anteriores que unha boa parte do que nos venden como pementos de Padrón son máis falsos que os billetes de 12,50 euros. Hainos almerienses, murcianos, marroquís, de Cambados, de Vedra…

Pero a confusión vai tan lonxe que agora xa se confunden as “piparras” ou guindillas vascas, cos imitados pementos.

A imaxe que reproduzo foi sacada de flickr e recomendo visitar o orixinal para ler o comentario.

2 thoughts on ““Piparras” de Padrón

  • 23 de Novembro de 2006 at 10:24 10Thu, 23 Nov 2006 10:24:13 +000013.
    Permalink

    Xa hai un par de comentarios orientativos… e que xa non quedan cristiáns no mundo.
    (…)
    Dar de comer o que ten fame
    Dar de beber o que ten sede
    Aprender ó que non sabe
    (…)

    Por certo, esta foto aínda é maís simpática.
    http://www.flickr.com/photos/83096974@N00/21609064/

    Reply
  • 16 de Decembro de 2006 at 14:53 02Sat, 16 Dec 2006 14:53:13 +000013.
    Permalink

    Que falta de critério tem o individuo. Nom entende que os pimentos de Padrom som património da humanidade… imagino umha foto da Praça Vermelha de Compostela cum pé de foto que diga Praça Vermelha de Moscú… ao fim de contas o nome é o mesmo, que mais tem que umha seja um prodígio arquitectónico e a outra seja umha bosta bem feia? É melhor ser ignorante que ter desejo de apreender. Ver para crer! 😀

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *