Cuncas con asa e cafeteira antiga

Por primeira vez en ano e medio Colineta publica un contido que non é de elaboración propia, pero non poido deixar de compartir con todos estas dúas fotos fantásticas de odemomeleve, que corresponden á taberna do avó do de Fer. Na primeira vense derriba da barra do bar unhas cuncas para o viño que eu non coñecía, xa que teñen asa. Na segunda unha preciosa cafeteira antiga, semellante á que tiña meu pai, que funcionaba con gasolina. Hai poucos días vin unha reproducción deste tipo de cafeteiras, pero con toda a tecnoloxía das modernas, no restaurante El Pantano, ao pe do embalse de Cecebre.

Aparte destas dúas fotos, en odemomeleve atoparedes outras instántaneas familiares certamente interesantes.

3 thoughts on “Cuncas con asa e cafeteira antiga

  • 24 de Xullo de 2006 at 18:32 06Mon, 24 Jul 2006 18:32:53 +000053.
    Permalink

    Obrigado pola ligaçom!
    A verdade é que estou namorado dessas fotografias. Eu revisando todos os arquivadores da familia para topar mais.

    O das… cuncas? (nom que tenhem pe) taças? (nom que tenhem assa) copos? (nom que tenhem pe e assa…) e bem curioso. Nom reparara nelo.,, perguntarei à familia.

    Reply
  • 24 de Xullo de 2006 at 20:12 08Mon, 24 Jul 2006 20:12:12 +000012.
    Permalink

    Hum, aqui tés todas as fotos que tenho nesmes momentos do bar familiar:
    http://www.flickr.com/photos/75698258@N00/tags/bar/

    A máquina de café era umha “Hispano-Suiza” e sim, ia a gasoil. É do único do que se lembra o meu pai. As cuncas di ele que tinha com braço e sem braço, pero nom lembra como as chamavam.

    Reply
  • 27 de Xullo de 2006 at 19:40 07Thu, 27 Jul 2006 19:40:10 +000010.
    Permalink

    as fotos son magníficas e o avó ten unha cara de actor de películas románticas/aventuras dos anos 40 que da gusto velo, bravo polas fotos e polos comentarios erudito-gastronómicos de colineta

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *