Caldo galego deconstruído

Un caldo galego deconstruído e unha vieira confeitada envolta en canelón de agar-agar servíronlle a Adrián Elizecha, acompañado de Aitor Martínez, para proclamarse gañador do VII Concurso de Cociña Xosé Rodríguez-Moldes Rey, organizado polo IES Fragas do Eume de Pontedeume e no que participaron dez equipos representantes de centros de toda Galicia. A web deste centro ofrece tódalas receitas que alí preparan.

Os gañadores, estudantes do centro de Pontedeume, prepararon o caldo galego desconstruído consistente en terrina morna de verza, pataca e orella, con crema de chourizo, fabas, coulis de verza, picatostes de pan frito e aire de caldo.

Doutra banda presentaron unha vieira confeitada en aceite de noz e flor de coco, con canelón transparente de agar-agar recheo de fígado de rape flamexado e prebes de tinta de sepia e leite de coral, acompañada de arroz salvaxe fritido, que no prato semellan vermes ben gordiños.

Máis información en La Voz de Galicia

3 thoughts on “Caldo galego deconstruído

  • 06 de Novembro de 2006 at 11:30 11Mon, 06 Nov 2006 11:30:06 +000006.
    Permalink

    Son un Galego en Budapest, quero facer un traballo sobre o caldo galego e non hai unha foto decente do caldo galego para incluir no traballo.

    Reply
  • 06 de Novembro de 2006 at 12:16 12Mon, 06 Nov 2006 12:16:26 +000026.
    Permalink

    Pena de non poder ver as fotos do platos… (Canda menos a min non me funciona o link da páxina do IES de Pontedeume).

    Reply
  • Pingback: O soño de Iliá

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *