Os eidos

En OS EIDOS (1955)

Uxío NovoneyraEí vein os cordeiros fiar os cordallos!
Acabáronse os traballos.
Viñeros as neves. Veo a chuvia i o vento
pra quen non pode estar drento.

Eu no meu
cada un no seu
teña pan teña leña
teña erba pros bois
e despois
veña o que veña:
É o prego
do labrego.

Cebalos cochos matalos
salalos i afumalos.
Ir derretendo na grasa…
Ir achegando na brasa…
Sempre hai que facer na casa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *