Xantar 2009 presenta la cocina de Macaronesia

Colineta, 19-01-09.– As illas afortunadas que compoñen a Macaronesia (Canarias, Azores, Madeira e Cabo Verde) estarán presentes na décima edición do salón Xantar, que se celebra en Ourense do 4 ao 8 de febreiro próximos. Varias casetas e un restaurante común permitirán coñecer de primeira man o máis representativo da gastronomía destas illas. Haberá dous menús:

MENÚ 1, 30 euros.

Aperitivos de Viño de Madeira
Degustación de queixos rexionais
Lapas á grella
Atún en escabeche
Cherne das Azores con salsa de azafrán e batata doce
Adobo Canario de Cabrito con papa bonita
Rapsodia de sabores doces da Macaronesia
Pan e viños brancos e tintos de Azores e Canarias
Licores Dixestivos: Licor de Maracuiá, Ponche de Cámara de Lobos e Augardente de Cabo Verde

MENÚ 2, 22 euros.

Aperitivo de Viño Legido
Atún en Escabeche
Morcilla de San Jorge con Piña
Filete de Espada negro de Madeira con salsa de maracuiá
Adobo Canario de Cabrito con papa bonita
Pudin de Té de Porto Formoso con plátano frito
Pan e viños brancos e tintos de Azores e Canarias
Licores Dixestivos: Licor de Maracuiá, Ponche de Cámara de Lobos e Augardente de Cabo Verde

Arxentina invitada

Na edición 2009 Arxentina será o país invitado a Cantar, participando cun restaurante propio do país suramericano, que mantén a maior colonia galega no exterior, e diversas manifestacións culturais.

Tamén estarán presentes, como en edicións anteriores, Andalucía e Asturias, así como o norte de Portugal.

En Xantar 2009 poderemos atopar non só os menús de Macaronesia, Arxentina, Asturias e Andalucía, senón tamén os de Terra Sacra, rexión do Alto Minho, Lugo, Douro Sul, porto da Guarda, Fundación de Amigos de Galicia (con especialidades de Vilagarcía de Arousa, Carballo e A Baña), mancomunidade de Terras do Avia, comarca Ferrol-Ortegal-Eume, Asociación Galega de Turismo Rural, ría de Vigo, concello do Barco de Valdeorras, denominación de orixe Galicia (presenta un menú a base de patacas galegas), parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés e Área Metropolitana. O prezo dos menús oscila entre os 12 e os 38 euros.

Os menús e toda a información sobre o certame pode consultarse na web do mesmo, na que algunhas cousas non funcionan empregando Firefox

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *