Cata de queixos

Pois aquí me tedes, recién iniciado na cata de queixos. Levo toda a vida dándolle a todo aquel que se me pon á man pero ata hoxe mesmo nunca me interesara pola cata regrada dos mesmos, tan científica como a de viños e co mesmo grado de subxectividade.

Onte visitei Ferpalia, en Pontevedra, onde se celebrou unha mesa redonda sobre a proxección exterior da cociña galega, con intervención destacada de dous cociñeiros que deso saben abondo: Marcelo Tejedor e “Taky” (Javier Rodríguez Ponte). Quedou claro que a nosa cociña e os nosos cociñeiros precisan de maior proxección fóra de Galicia e que iso ten que ser labor de todos. E tamén quedou claro que o público profesional interesase pouco por este tipo de eventos. Ás 11,30 horas en que tiña que dar comezo a mesa redonda penso que era eu o único do grupo que non pertencía á mesa ou á organización. Algo despois o espazo estaba practicamente cheo de estudantes de hostalería, que son o futuro, pero tamén o recurso habitual para que as charlas e demostracións non queden valeiras.

Despois da mesa redonda comezou unha cata comentada de queixos galegos. So queixos con denominación de orixe e non todos: Tetilla, Arzúa-Ulloa e San Simón da Costa, que esa foi a orde na que se cataron. A ausencia do queixo do Cebreiro xustificouse cun simple “do Cebreiro non veu naide e non conseguimos o produto”.

Evidentemente un salón rodeado de expositores de alimentos e preto dunha cociña non é o mellor lugar para unha cata, pero a experiencia mereceu a pena porque, como no caso das catas de viños, o mundo que se abre ante os nosos ollos, olfacto e padal é novo. Lamentablemente, o retraso no inicio da mesa redonda precedente obrigou a reducir o tempo para a cata, polo que nos quedamos con gañas de máis.

2 comentarios sobre “Cata de queixos

  • el 03 de octubre de 2007 a las 11:33 11Wed, 03 Oct 2007 11:33:42 +000042.
    Permalink

    Nos estivemos este domingo (como xa contei), e a verdade é que o tema gastronómico é o primeiro ano que o fan. Coincido contigo en que ben se notou.

    Respuesta
  • el 03 de octubre de 2007 a las 17:33 05Wed, 03 Oct 2007 17:33:44 +000044.
    Permalink

    Ferpalia é unha feira de contratación turísitica que cada ano fai «algo máis» para animar o cotarro. Este ano tocou gastronomía. O certo é que a parte gastronómica non a levaron directamente os organizadores de Ferpalia, senón que a encargaron a un terceiro. O mesmo que organizou aquela Semana Gastronómica de Compostela, coas centolas alien-nadas.

    Respuesta

Responder a makeijan Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *