Outro desastre en Casa RosalÃa
Despois de varios anos, onte levanteille o veto a Casa RosalÃa, en Brión, imposto hai tempo despois de varias experiencias negativas. Cambiei de idea despois de recibir varias indicacións, de xentes de confianza, sobre a transformación operada na cociña do restaurante e, dado que o teño a un tiro de pedra da miña casa, decidÃn probar. Lamento comunicar aquà que o veto segue en pe despois da nova experiencia. Non sei eu se o problema está en que elixo mal, pero semella que nesta casa no meu prato sempre acaba o peor.
Comezamos por un caldo galego, que apetecÃa, por moito inda que a través das cristaleiras do patio ao que da o comedor se vira un dÃa espléndido. O caldo estaba correcto, pero dende logo non era o mellor caldo que comÃn na miña vida.
De segundo pedimos un solombo de tenreira con prebe de roquefort que foi o mellor da comida. Unha boa ración, unha carne tenra e saborosa, e un prebe moi ben amañado. Mágoa que as patacas fritas que levaba de gornición foran un insulto ao bo gusto.
Eu pedÃn fabas con polbo, incluÃdas no menú das xornadas do polbo que se están a celebrar ata a primeira semana de abril. E foi un gran erro. As fabas eran das mellores que se poden atopar, granjal da Mariña (o de fabas de Lourenzá é unha apropiación indebida, xa o teño moi dito e escrito) e das mellores. O corte do polbo, en lascas moi finas, non me daba moita confianza. E o prebe de cor laranxa polo exceso de corante xa me desanimou definitivamente. O primeiro bocado foi sorprendeume; malia que a cazola de barro fumeaba abondo, a primeira faba que metÃn na boca estaba frÃa. FrÃa, non morna nin a temperatura ambiente, frÃa. A seguinte queimaba, o que me fixo pensar nos microondas que non quentan uniformemente.
O conxunto non me fixo chisca de graza. O polbo estaba alà de acompañante pero non aportaba nada a un guiso insulso e sen ningunha graza. Lembrei aquelas fabas con polbo que comera no Selmira, en Cangas de Foz, e que me souberan a gloria.
Para acompañar a comida, e dado que a miña muller so bebe branco, pedimos un godello de JoaquÃn Rebolledo, que nos serviron catro ou cinco grados por derriba da temperatura óptima e que tivemos que refrescar. Como vin cos meus propios ollos como o camareiro sacaba a botella do armario frigorÃfico, cheguei á conclusión de que calquera outro branco que pediramos estarÃa igualmente quente.
A cousa amañouse un pouco coas sobremesas. A escuma de queixo de tetilla con marmelo e mel estaba certamente deliciosa, e algunhas das especialidades incluÃdas na mestura de postres da casa tampouco desentoaba: gustoume o flan e moi especialmente a torta (semifrÃo) de café cunha xelea de café amarga que contrastaba moi be co doce. Pero outra vez insultan o noso gusto cunha filloa rechea de nata de spray, unha verdadeira montaña branca, que o único que facÃa era estragar a filloa.
A conta subiu dos 60 euros. Mentres pagaba, dinme conta de que a cadeira na que estaba sentado semella máis a dunha garderÃa infantil que a dun restaurante, sexa cal sexa a súa categorÃa. SaÃn moi cabreado de Casa RosalÃa. Seguirei pasando por diante dela e dicindo o mesmo: mágoa se sitio bonito.
Un pouco o marxen de Casa RosalÃa, en relación có solombo con salsa de Roquefort, na miña opinión e pra o meu gusto, en España e mais concretamente en Asturias, temos o mellor queixo azul do mundo ¿non si? Si e asÃ, ¿por que entón se empeñan en darnos salsas de Roquefort no canto do Cabrales?
Evidentemente esto pasa en moitos restaurantes de toda a XeografÃa española, excepto probablemente en Asturias, e pouco mais
¿Será Roquefort o que vai na salsa? Case apostarÃa que non.
Por certo, tamén temos o Picón. E coido que alguún outro máis…
http://www.spain.info/TourSpain/Gastronomia/Productos%20y%20Recetas/Productos/F/0/Queso%20Picon%20Bejes%20%20%20Tresviso?Language=ES
Pois confÃrmas o que me di moita xente da zona (aÃnda que con algunha opinión contraria que, coma a ti, me merece confianza).
Iso si, se queres probar unhas boas fabas con polbo proba no Neira (Solláns, Teo), onde tamén as fan magnÃficas con ameixas e mixtas.
Eu tamén seguirei pasando pola porta
Mesmo en Asturias hai queixos do mesmo tipo pero máis suaves co Cabrales, que quizáis é demasiado forte para moitos padáis. Tamén é certo que non sei se algunha vez probarÃa un auténtico Roquefort, como dÃa xmanoel.