¿Alguén cumpre a lei?
O 30 de xuño rematou o perÃodo de adaptación no etiquetado de produtos que antes levaban as palabras “bio”, “eco”, “biolóxico” e “ecolóxico”. Segundo informa Galicia Gastronómica, dende o 1 de xullo esas denoninacións están reservadas a produtos da agricultura ecolóxica.
Pero está visto que cada un fai o que quere. Esta mesma mañá (4 de xullo) e nun único supermercado puidemos atopar, sen buscar moito, iogures que aÃnda manteñen o “bio” e zumes de froitas e leite que fan o mesmo, como se pode ver nas fotos, tomadas hoxe arredor da unha da tarde.
As datas de caducidade dos iogures corresponden á segunda quincena do mes de xullo. Os zumes caducan entre outubro e novembro deste ano.
E non só nos supermercados, nas librerias todavia se pode comprar os biosbardos e nxon a versión “legal”: os activiosbardos … estos de galaxia! se fose en xerais bragado xa o tiña posteado no blog (correxido, por suposto) 😀