“Puerco” de San Xoán

No post anterior dicía que as sardiñadas e churrascos de San Xoán son costume reciente, nacida no último terzo do século XX.

Por iso a ninguén debe estrañar que este hábito reciente sufra variacións. Este San Xoán en Lugo, non sei ben onde, asaron un becerro enteiro ao espeto, puro estilo arxentino. Na foto pódese ver o “puerco” que comemos unha pandilla de amigos, preparado ao máis puro estilo cubano.

Adóbase o cocho o día antes cunha mestura de allo, cebola, sal, aceite, cumiño e ourego, á que se engade unha boa cantidade de zume de laranxa agre. Como aquí non é fácil atopar esas laranxas, pódese substituír por zume de pomelo, ou mestura de pomelo e limón, como foi o caso. Además, inxéctase o líquido do prebe por toda a carne do animal.

Ao día seguinte, ásase sobre brasas e a lume lento, para que se faiga ben por dentro e por fóra. Un porco de vinte quilos, coma o da foto, precisa nove ou dez horas de lume.

6 comentarios sobre ““Puerco” de San Xoán

  • el 25 de junio de 2006 a las 20:24 08Sun, 25 Jun 2006 20:24:54 +000054.
    Permalink

    Que envexa! copio a receita para algunha paparota vindeira e xa che contarei como foi!

    Respuesta
  • el 04 de julio de 2006 a las 21:06 09Tue, 04 Jul 2006 21:06:27 +000027.
    Permalink

    ¿Non son demasiadas nove ou dez horas de lume? De todas maneiras debe de estar bó ese porco (ou outro, digo eu)

    Respuesta
  • el 05 de julio de 2006 a las 08:34 08Wed, 05 Jul 2006 08:34:28 +000028.
    Permalink

    A fonte de calor para asar o porco son brasas, precisase que a calor non sexa moi intensa e si moi prolongada para que ase ben por dentro sen queimarse por fóra. O porco pesaba vinte quilos. A foto fíxose un cuarto de hora antes de poñelo na mesa e os xamóns tiveron que voltar ao lume porque aínda non estaban ben feitos.

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 19:46 07Mon, 13 Aug 2007 19:46:32 +000032.
    Permalink

    eSe MaRrAnO eSmUi RiCo De GrAsA pErO dE lIsIoSo

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 19:52 07Mon, 13 Aug 2007 19:52:45 +000045.
    Permalink

    bUeNo El MaRrAnO eS cOmEs TiBlE PeRo tIeNe uN dEfEcTo De En FeRmEdaDes BuEnO eSo Es ToDo Y bYe

    Respuesta
  • el 13 de agosto de 2007 a las 23:36 11Mon, 13 Aug 2007 23:36:58 +000058.
    Permalink

    Graciosa la broma de Jordan-Sandra, pero prodrían aprovechar la ocasión para explicarnos como asan a los cerdos en Uruguay

    Respuesta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *