Día das Letras

Estamos no Día das Letras Galegas, que moitos empregarán para exhibir o seu interese pola nosa lingua un día ao ano, como sempre. Case prefería eu que, seguindo a Lewis Carrol, o de Alicia no país das marabillas, celebrásemos o “non día” das nosas letras, que así terían polo menos 364 días de atención ao ano, e un máis nos bisestos.Pode que algún día a literatura culinaria tamén teña o seu día das letras. Cunqueiro xa foi celebrado no seu momento, pero claro, a súa obra narrativa, teatral, poética e xornalística é tan extensa e intensa que o culinario non deixa de ser unha anécdota, especialmente para quen non está moi interesado neste mundo, xa que o certo é que a obra narrativa do escritor de Mondoñedo está permanente trufada de referencias gastronómicas, cousas que, pola contra, non pasa na súa obra dramática nin na marabillosa poesía do mestre.

Antes de Cunqueiro en Galicia escribiuse moito e ben sobre culinaria. Non hai máis que ler a Picadillo e Emilia Pardo Bazán ou, se buscamos Despois de Cunqueiro a literatura culinaria galega rexistrou un incremento moi importante, se cabe pola semente deixada polo mindoniense. O desaparecido Jorge Víctor Sueiro é xa un nome de referencia da segunda metade do século XX, inda que unha parte substancial da súa carreira literaria e xornalística a desenvolvera fora de Galicia, como lle está a pasar agora a Cristino Álvarez, inda que parece que dun tempo a esta parte tira cada vez máis cara a súa Coruña natal, e ao mesmo tempo cara Galicia enteira.

Dentro do país a escrita culinaria está tentando nos últimos tempos a poetas e escritores de primeira liña. Lonxe quedan xa os espléndidos libros culinarios de Fina Casalderrey sobre a empanada ou os doces de Galicia, recentemente reeditados por Xerais. As obras da pontevedresa traspasaron xa o ámbito do literario e do culinario para converterse en auténticos documentos etnográficos. Neses libros está unha boa parte do saber culinario de Galicia de finais do pasado século. Estamos a falar do saber culinario popular, que é o máis noso de tódolos saberes culinarios.

Os poetas tamén andan metidos entre cazolas, polo menos literarias. Xavier Rodríguez Baixeras, con casa patrucial na focega parroquia de Nois, agasallounos non hai moito co seu “Diario de Comidas”, un libro no que conta as súas experiencias gastronómicas polo mundo adiante ao longo do Máis recentemente outra poetisa lucense se luciu nos fogóns literarios. Trátase de Helena Villar Janeiro, luguesa de Becerreá e presidenta da Fundación Rosalía de Castro, que en decembro do pasado ano nos agasallaba co seu “O sabor da terra. Encontro cos cogomelos”, no que as lembranzas da nenez e xuventude na montaña lucense se dan a man cunha documentada información sobre un asunto polo menos delicado.

Para rematar o panorama, recentemente foi reeditada aquela espléndida obra de Cunqueiro e Castroviejo, “Teatro venatorio y coquinario gallego”, respectando fielmente a edición orixinal.

Estamos de noraboa. Tamén os escritores gastronómicos celebramos este Día das Letras Galegas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *