Contos do Valadouro (2)
CONTOS DO VALADOURO
Xesús Pisón, Manuel Lourenzo, Issac Ferreira (2005)
Unha vez viña un camión con figos pasos por diante do cemiterio da Laxe, e ao virar na curva caeulle unha caixa. Dous rapaces que viñan das mozas comentaron:
Ai, home, e habemos deixar quedar aà a caixa?
E pillárona e foron repartir os figos no cemiterio.
Outros rapaces que pasaban por alà sentÃronos dicir:
Dous para min e dous para ti!
Eu estes non os quero, que xa están podres!
Trae logo a caixa, que vou buscar os que están fóra!
E os rapaces, pensando que os viñan pillar os defuntos, non pararon de correr até Ferreira.