Caldo galego deconstruÃdo
Un caldo galego deconstruÃdo e unha vieira confeitada envolta en canelón de agar-agar servÃronlle a Adrián Elizecha, acompañado de Aitor MartÃnez, para proclamarse gañador do VII Concurso de Cociña Xosé RodrÃguez-Moldes Rey, organizado polo IES Fragas do Eume de Pontedeume e no que participaron dez equipos representantes de centros de toda Galicia. A web deste centro ofrece tódalas receitas que alà preparan.
Os gañadores, estudantes do centro de Pontedeume, prepararon o caldo galego desconstruÃdo consistente en terrina morna de verza, pataca e orella, con crema de chourizo, fabas, coulis de verza, picatostes de pan frito e aire de caldo.
Doutra banda presentaron unha vieira confeitada en aceite de noz e flor de coco, con canelón transparente de agar-agar recheo de fÃgado de rape flamexado e prebes de tinta de sepia e leite de coral, acompañada de arroz salvaxe fritido, que no prato semellan vermes ben gordiños.
Máis información en La Voz de Galicia
Son un Galego en Budapest, quero facer un traballo sobre o caldo galego e non hai unha foto decente do caldo galego para incluir no traballo.
Pena de non poder ver as fotos do platos… (Canda menos a min non me funciona o link da páxina do IES de Pontedeume).
Pingback: O soño de Iliá