Millo e millo miúdo
No anterior comentario sobre os erros que a veces se producen falando de millo na Idade Media, cando non había tal en Europa, o amigo Acedre apunta, con moita razón, que poderían estar falando do maínzo, cereal que se hamaba “millo” por entón.
Efectivamente, poderían referirse a este cereal («mijo» en castelán), pero entón deberían falar de «millo miúdo», que é o nome que tal cereal adoptou en Galicia unha vez que o procedente de América lle arrebatou o nome e que segue a usarse, inda que o cereal quedara xa reducido ás herboristerías e tendas de dietética. Pero penso que non é así.
Na Idade Media os cereais máis comúns en Galicia eran o trigo e o centeo. O primeiro cultivábase nas zonas baixas e o segundo na montaña. Había tamén millo miúdo, pero non tiña a importancia dos dous anteriores, nin moito menos a que chegaría a ter o millo americano unha vez que se difundiu por Galicia.
A chegada do cereal americano provocou unha verdadeira revolución na agricultura e gandería galega. A súa difusión reduciu a superficie destinada a trigo e a prados, causando unha diminución da gandería bovina e un incremento notable do porcino.
Segundo os historiadores galegos, a vaca foi o animal do pobre na Idade Media. Daba traballo, leite e carne e comía herba, que era abundante. Os porcos, que so daban carne e competían co home na súa alimentación, eran gando de ricos. A chegada do millo modificou este panorama e os pobres cada vez tiñan menos vacas, ata quedar sen ningunha, mentres ía incrementándose o número de labregos que tiñan porcos.
Pola súa parte, Ovidio convidanos acoñecer as huchas nas que chegou a Asturias o primeiro millo americano
Non che sabia eu o das vacas que eran animais dos pobres pero explicado como o explicas ti veselle o punto de razon.
Gracias pola aclaracion e pola tua mensaxe.