Non hai agulla
Foi no Raña, do que xa teño escrito por mor das súas estupendas tapas de riles, onde a comÃn a ultima vez en fresco. Falo da agulla, ese feo pero delicioso peixe, tan noso e tan ausente dos noso mercados.
Fun ao Raña comer, hai xa mais dun ano de entón, e entre os primeiros pratos ofrecéronnos agulla, pola que eu me decidÃn de inmediato.
Ha ter que agardar un pouco, dixo o camareiro, que a teñen que fritir. Eu querÃa agulla e non me importaba agardar.
Chegou a mesa un bo prato de peixe, acompañado de cachelos e ensalada de leituga, leituga raÃña de maio, cultivada en Mondoñedo, un luxo de ensalada.
Abrir un toro de agulla, de carne moi branca sobre a que destacaban as espiñas verde esmeralda, devolveume a miña nenez. As espiñas verdes da agulla son certamente bonitas, verdadeiras xoias naturais.
Posiblemente eu levaba máis de vinte anos sen probar a deliciosa agulla. E non volvÃn dar con ela. De cando en vez paso polo mercado do Calvario, en Vigo, onde atopo unha espléndida variedade de peixe fresco.
Pero non hai agulla
Xa che deixei un mesaxe en blogia, dicindoche que dice tua cuñada que en Castropol si as hai, asà que xa sabes. Unha aperta
Pingback: Colineta » Blog Archive » Incomprendidas agujas