Caramelos de xin-tónic
O camareiro puxo no vaso de tubo un anaco de limón, dúas pedras de xeo, xenebra e tónica. Estaba a preparar un xin-tónic, bebida pola que os británicos deberÃan estar xa no valhala da coctelarÃa.
Non sei porque motivo, dito camareiro decidiu remexer o xin-tonic cun chupa-chups no canto de facelo coa culler regulamentaria. Parece que nese momento se lle ocorreu a idea: fabricar caramelos de xin-tonic.
Tal camareiro chamase Paul Bordonaba e converteuse no fabricante dos primeiros caramelos de xin-tonic, que proximamente se comercializarán a través de internet.
A min tamén me gusta remexer o xin-tonic. Emprego para eso o dedo Ãndice da man dereita, que de seguido lambo con fruición. ¿Será posible fabricar unha lambetada de dedo?. Acéptanse propostas. Non valen xeados, que xa foi inventado o frigo-dedo.