O Antoxo do Mariscal
Os cabaleiros do Mariscal, noso señor Pedro Pardo de Cela, cabalgan de novo polas terras do Valadouro e o resto das súas posesión na Mariña lucense. Este domingo, na torre do castelo do Castro, tres novos cabaleiros ingresaron na Orden, asà como unha Dona de Isabel de Castro, orden na que hai un ano ingresaba tamén a presidenta do grupo El Progreso.
É este Antoxo unha torta creada polo meu amigo José Manuel (xa escribÃn aquà das súas empanadas de roxós), pastelerio de Ferreira, que empregou para eso os produtos propios da terra, que sen dúbida alimentaron ao propio Pardo de Cela e a súa xente: mel, fariña, noces, ovos e augardente, porque tamén no Valadouro se cultivou a vide e se fixo viño, ata que a filoxera acabou con este cultivo na antiga provincia de Mondoñedo. Quédanme dúbidas sobre se a canela serÃa de uso habitual na casa de Pardo de Cela, pero perdoo a dúbida histórica polo ben que lle vai á torta.
O Antoxo do Mariscal é sobremesa obrigada nas comidas que seguen aos actos de O Mundo de Galea, colleitando máis aprobacións que rexeitamentos, baseados estes na secura do doce, secura que serÃa de fácil arreglo: basta servir co Antoxo un vasiño de viño doce, acompañante perfecto para calquera doce, e máis se este se trata dun biscoito. A perfección serÃa servir co Antoxo un tostado do Ribeiro, viño antigo, apreciado polos ingleses e desgraciadamente desaparecido, inda que as experiencias que están a levar en Ribadavia alentan a esperanza de que esa ambrosÃa volva aos nosos mercados. Mais como aÃnda non temos tostado, non serÃa mal asunto poñer co Antoxo un viño do Porto ou un Pedro Ximénez, que tampouco son mancos. Os comensais habÃan agradecelo seguro.