O “Calentito”
Anda estes dÃas nas pantallas de cine unha pelÃcula titulada El Calentito, sobre as historias dun local da movida madrileña que tivo unha época de gloria hai xa tempo.
Imaxino agora que algúns lectores preguntaranse que demos son as porras madrileñas, aparte do que lles colga aos guardias, eso si, polo lateral.
As porras son unha das grandes creacións da cociña popular madrileña. Semellan churros descomunais (trinta centÃmetros de longo, tres de diámetro), pero inda que leven os mesmos ingredientes (auga fervendo na que se engade fariña de trigo e sal) son moi diferentes dos churros.
Din que os churreiros madrileños poñen un pouco de aceite na masa das porras, e pode que tamén algo de bicarbonato ou levadura quÃmica, e que despois deixan arrefriar por completo a masa antes de fritila. A masa dos churros, pola contra frÃtese acabada de facer, quente.
O proceso de fritura das porras ten o seu arte e normalmente interveñen dúas persoas: unha manexa o aparello que conten a masa e bótaa no aceite ben quente. O segundo manexa a masa que vai caendo no aceite con dúas varas, movéndoa ata que no aceite queda unha enorme espiral de masa, que pode chegar a ter mais de medio metro de diámetro, segundo o tamaño da cazola que se emprega para fritir. Unha vez que a masa esta frita por un lado, os mesmos paus serven para darlle a volta e mais tarde para sacalas do aceite e poñer a gran espiral frita sobre a mesa na que a ma experta do churreiro cortara tódalas porras do mesmo longo.
As porras vendes por unidades. As últimas que merquei, aló por Semana Santa, estaban a 25 céntimos cada unha.